jueves, 3 de mayo de 2018

CREARTE



A finais de Abril desfrutamos da segunda xornada de convivencia en Vilameán coa escola de Taborda.
Unha xornada chea de arte, xogos e reencontros.

Comezamos o día facendo un pequeno xogo de presentación e mais movéndonos ao son de varias cancións.
Logo, e divididos en equipos, dimos renda solta á nosa imaxinación e puxémonos a crear diversos elementos que decorarán os nosos patios.

  • Pintamos cús de botella que logo convertimos en flores. 
  • Decoramos tellas. 
  • Compuxemos mandalas con tapóns de cores. 


Despois de tanto traballar merendamos e xogamos e despedímonos levando a cabo unha pequena sesión de relaxación e masaxes.


Una xornada moi, moi enriquecedora.
¡Cánto nos gusta ir a CREARTE!






lunes, 23 de abril de 2018

PRIMAVEIRA

Aproveitando a chegada do bo tempo, o xoves da semana pasada realizamos a proposta do día no porche do patio. 
Como non podía ser doutro modo, ésta tiña que ver coa estación na que nos atopamos: a A. 






E este foi o resultado final...






Xa por último, e cando chegamos á aula, xogamos a construir as gradacións de cor das flores que estivemos a ilustrar. 









lunes, 16 de abril de 2018

¿A QUÉ CHE SOA?

Velaquí deixámosvos outra das propostas que empregamos na aula para que os nenos vaian avanzando na área da linguaxe. Trátase da CAIXA DOS SONS. 
A través dela traballamos a conciencia fonolóxica, a grafomotricidade e a lectoescritura. 


¿CÓMO XOGAMOS?

  1. Observamos os obxectos e pensamos por qué fonema comeza.
  2. Introducimos cada miniatura no caixón da letra correspondente. 
  3. Comprobamos as nosas hipótesis (para isto empregamos diferentes estratexias: pedimos axuda a un compañeiro, buscamos a palabra...).
  4. Escribímolas. 





Grazas ás familias por colaborar connosco para lograr reunir obxectos e miniaturas para tódalas letras. 






A NOSA HORTA



Hai dúas semanas chegamos á aula e encontrámonos con todo isto. 

¿Qué é?
¿Por qué aparecería na nosa aula?
¿Qué froita-hortaliza-verdura son?
¿Qué podemos facer con eles?

Estes foron algúns dos interrogantes que xurdiron na aula. 
Para comprobar as nosas hipótesis decidimos xuntarnos cós nenos do Seixo 2 e facer unha posta en común. 
Observamos as plantas e as súas sementes, as tocamos, as ulimos, pensamos qué precisarían para poder xermolar... e trala lectura do conto "A horta de Simón",


puxémonos ¡máns á terra! plantando fresas, cebolas vermellas e repolos. 


Agora queda o máis importante: coidar da nosa horta. 


jueves, 15 de marzo de 2018

XOGANDO CÓ NOME

O nome propio é o primeiro texto có que os nenos se inician no proceso lectoescritor. 
Isto posibilita que os nenos teñan un recurso estable de escritura para interactuar libremente con ela. 
O nome propio, ademáis, ten unha gran carga afectiva para eles. Forma parte inseparable da súa identidade o que lles produce unha gran motivación para aprender. 
Velaquí deixámosvos algunha das propostas que estivemos a desenvolver dende o incio de curso ao redor do mesmo; propostas éstas que desenvolvemos tódolos días no momento da asamblea có nome do encargado/a dese día. 
  • Composición de acrósticos libres có seu nome.
  • Composición de acrósticos con cualidades-adxetivos positivos que dicir dese compañeiro/a e que o definan de maneira única e especial. 
  • Composición de novas palabras a partir das letras dos seus nomes; dinámica que estamos a desenvolver nestes momentos na aula. 

¡Probade a xogar con eles na casa!



8-M

Con motivo da celebración do 8-M, dende a semana pasada estivemos a traballar sobre isto.
  • Limos contos relacionados có tema.
  • Reflexionamos sobre qué significa este día e por qué se celebra; o cal nos permitiu introducir termos coma: conciliar, liberdade, igualdade ou dereitos.
  • Falamos das mulleres importantes das súas vidas (mais, avoas, irmás...) e ilustráronas.
  • Redactamos a nosa particular "Constitución" con normas que aseguren a igualdade.

  • Analizamos a prensa: qué cor era a predominante, lemas empregados, símbolos da Muller...

Finalmente, plasmamos todo iso nun panel que acompañaranos cada día na nosa aula para así telo sempre presente.









¿LE PONDREMOS UN BIGOTE?

Neste trimestre estámonos a familiarizar cun novo texto literario: a poesía. 
Un dos poemas que traballamos é "¿Le pondremos un bigote?" de Mar Benegas. 


Velaquí podedes ver a secuencia de traballo que seguimos. 

  1. Linlles o poema e eles o ían ilustrando tan só coas referencias que se proporcionan na narración (sen ver as imaxes). 


Logo, contrastamos as súas produccións coa imaxe orixinal: ¿debuxamos todos os elementos? (favorecendo e reforzando así a construcción do seu esquema corporal, especialmente nos nenos de 3 anos).  


E unha vez que todos eles tiñan ben interiorizada o poema, recompuxémolo exercitando así as súas habilidades lectoescritoras. 



E vos qué pensades... ¿Porémoslle un bigote?