sábado, 2 de junio de 2018

PRESENTÁNDONOS...




Chegou o día. 
Coma ben sabedes, o venres Adrián, Zaira, Mar, María, Álex e Hugo acompañados polos profes Martín e Lorena e mais por mín fomos visitar o centro no que cursarán a Educación Primaria. 
Dende que iniciamos o terceiro trimestre, nas nosas asambleas “colábanse” preguntas relacionadas có paso á nova etapa educativa; preguntas que non son máis ca un reflexo das súas dúbidas, inquedanzas, medos… 
Mais un día, un dos nenos plantexou algo que o tiña preocupado: “¿a nova profe sabe quen son?”. 
A partir de ahí iniciamos un diálogo-debate-reflexión sobre qué podíamos facer para presentarnos perante a persoa que será a súa titora o ano que ven. 
Así é como xorde este panel que vedes e cuio propósito é precisamente ése: que a nova titora os coñeza cómo as persoas que son cos seus gustos, as súas habilidades, as súas filias e fobias… 
O resultado final son 6 caixas –que cada un decorou como quixo- dentro das cales incluimos os seguientes elementos: 

1. Un autoretrato.



2. Unha descripción de sí mesmos escrita por elesFoi un momento máxico ver cómo os nenos eran capaces de falar deles mesmos “son guapa e gústame pintar”, “teño unha banda e toco o bombo”, “son boa e axudo aos meus compañeiros e papás”…




3. Unha carta vosa describindo aos vosos fillos. 
Unha pequena nota escrita por mín na que explicaba o fin deste agasallo á vez que lle proporcionaba pequenas pinceladas de cada un completou este panel-presentación. 
Como lle escribía na mesma, agora agarda o máis importante: que se vaian coñecendo no día a día e comecen a escribir xuntos un novo capítulo nas súas vidas.








A través de propostas e xestos como éste o que eu pretendía era coidar e <<mimar>> este cambio enchéndoo de ilusión e curiosidade e vaciándoo de ansiedade e medos. E sobre todo, facer que éste sexa o máis amable e respetuoso posible con eles. 
Persoalmente, non quería que o primeiro contacto que a nova titora tivera cós nenos fose a través dun informe-boletín. Eles son moito máis que capacidades, coñecementos ou áreas de aprendizaxe e, polo tanto, considero necesario que aquelas outras dimensións da súa personalidade tamén se lles recoñezan e teñan en conta.  

¡¡¡Moitísimas grazas a todos por participar unha vez máis en todo aquilo que vos propoño!!!.