lunes, 16 de abril de 2018

¿A QUÉ CHE SOA?

Velaquí deixámosvos outra das propostas que empregamos na aula para que os nenos vaian avanzando na área da linguaxe. Trátase da CAIXA DOS SONS. 
A través dela traballamos a conciencia fonolóxica, a grafomotricidade e a lectoescritura. 


¿CÓMO XOGAMOS?

  1. Observamos os obxectos e pensamos por qué fonema comeza.
  2. Introducimos cada miniatura no caixón da letra correspondente. 
  3. Comprobamos as nosas hipótesis (para isto empregamos diferentes estratexias: pedimos axuda a un compañeiro, buscamos a palabra...).
  4. Escribímolas. 





Grazas ás familias por colaborar connosco para lograr reunir obxectos e miniaturas para tódalas letras. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario