Mostrando entradas con la etiqueta creatividade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta creatividade. Mostrar todas las entradas

domingo, 27 de mayo de 2018

OBRADOIRO DE ARTE

O xoves pasado levamos a cabo un obradoiro de arte xunto cós nosos compañeiros/as do Seixo 2. 
Nesta proposta tivemos a oportunidade de experimentar coas cores, practicar diferentes tipos de trazos, desenvolver a nosa creatividade e imaxinación... 
Velaquí podedes ver algunhas imaxes.






¡¡¡Xa estamos dexesando repetir!!!

jueves, 10 de mayo de 2018

ARTE NAS CRISTALEIRAS

Soles, nenos, flores, caracois, corazóns, xeados, bolboretas... Agora as nosas fiestras lucen moito máis bonitas. 







lunes, 7 de mayo de 2018

COÑECENDO A B. WURTZ

Continuando có proxecto anual de arte no que todo o CRA está inmerso, neste trimestre achegámonos á obra de B. Wurtz
A obra deste artista norteamericano caracterízase por recopilar e acumular obxectos cotiás, a maioría deles relacionados cós hábitos de consumo, para logo reconvertilos nunha obra de arte; nunha especie de reciclaxe artístico.

Cando os nenos chegaron á aula, tíñalles preparada na zona da asamblea bandexas de aluminio de diferentes tamaños e formas. Comezamos a pensar: que son?; por qué estarán na nosa aula?; para qué serven?; qué outros usos lle poderíamos dar?; poderíamos empregar estas bandexas para crear unha obra artística? Tras moito falar e reflexionar chegou o momento de comprobalo…




¡¡¡Pois parece que sí!!!
Así que puxémonos mans á obra e emulamos a súa obra. 

***Neste día faltaron varios nenos e de ahí que non aparezan todos. Mais según se foron reincorporando, cadaquen foi pintando a súa bandexa.

E este foi o resultado final: unha exposición composta por 15 pezas diferentes, únicas e irrepetibles. Como cada un dos nenos da aula. Todas diferentes entre sí pero todas necesarias para crear o conxunto.




Formas xeométricas, cores, creatividade, consumo responsable e reciclaxe nunha única proposta.