jueves, 27 de septiembre de 2018

INICIAMOS PROXECTO... O MAR

Pasado o periodo de acollida, no Seixo 3 embarcámonos no proxecto que acompañaranos ao longo do curso: "O MAR".

O luns, os nenos atopáronse cun caminiño de barquiñas de papel que conducían á nosa aula.







Unha vez entramos nela descubrimos todo isto...



...polo que puxémonos mans á obra e comezamos a falar sobre o que estaban a ver.
O globo terráqueo serviunos como punto de partida para entablar un diálogo orientado a descubrir cáles eran os seus coñementos previos en relación ao mar e os seres mariños que o habitan, xa que este será o centro de interese das nosas investigacións durante este primeiro trimestre. Deixovos un anaquiño da conversa:

Sara: ¿Que é isto? (sinalando o globo terráqueo). 
Xabi: é un círculo. 
Izan: é o globo terráqueo. 
Gorka: é o planeta Terra. 
Sara: moi ben, tedes todos razón. ¿E que será iso azul?
Olaya: é o mar. 
Izan: é o ceo. 
Gorka: arriba está o ceo e abaixo o mar. 
Sara: ¿E hai moita ou pouca auga?
Ainielle: hai moita. 
Gorka; si, chega ata América. 
(Localizamos América no mapa). 
Sara: ¿E a auga do mar está fría ou quente?
Pablo: fría. A auga do río está fría. 
Gonçalo: a mín gústame a agua da praia. 
Gorka: pero no Polo Norte está moi fría. É xeo. 
Pedro: alí viven os pingüíns.
Gorka: si, e os osos e as focas. 
Sara: tedes razón. ¿En tódolos mares vai tanto frío e viven eses animais?
Lucas: hai peixes. 
Ainielle: e tiburóns. Eu vin un tiburón (refírese a unha visita que fixo coa súa familia ao Aquarium da Coruña). 
Olaya: tamén hai cabaliños de mar. 
Nora: a mín gústanme.
Brais: os tiburóns no son malos. 
Gorka: sí que son. 
Brais: non, teñen medo as persoas.
Gorka: non. 
Sara: bueno, sobre ese tema falaremos noutro momento. Ímos seguir dicindo qué animais mariños coñecedes. 
Gorka: as raias. 
Izan: lanzan raios. 
Gorka: non, é electricidade. Vinno nunha película.
Pedro: os peixes comen algas. 

E así seguimos falando durante un bó anaco (no dossier que levarán ao final do curso poderedes ler a conversa completa). 

Deseguido "limos" o conto de "La Ola" de Suzy Lee. E digo "limos" porque trátase dun álbum ilustrado que únicamente contén imaxes polo que é o propio lector o que ten que poñerlle voz a esta historia dun día de praia dunha nena a partir do que lle suxiren as imaxes. Supúxonos todo un exercicio de imaxinación e interpretación de de imaxes, xestos, movementos e actitudes corporais, mais non se nos dou nada mal. 
Para completar a lectura escoitamos o mar nunha caracola xigante que espertou a curiosidade de todos. 














Tras isto, e para poder seguir profudizando e ampliando os nosos coñecementos subimos á biblioteca do cole a <<ler>> os libros e contos que o Equipo de Biblioteca adquiriu este ano para o proxecto.
¡Mirade qué concentrados! 








De volta á aula picoteamos uns bombóns mariños mentras botabamos de novo unha pequena charleta acerca das lecturas que fixeran, porque como dixo un dos nenos "Profe, coa barriga chea de chocolate penso mellor". ¿E quen non? :P 





Lémonos prontiño...