Mostrando entradas con la etiqueta habilidades lóxico-matemáticas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta habilidades lóxico-matemáticas. Mostrar todas las entradas

lunes, 5 de noviembre de 2018

O MEGALODÓN

Ás veces, ocorren na aula situacións "pedagóxicas" que non tiñamos programadas pero das que non podemos deixar escapar. Hoxe foi un deses días. 
A primeira hora Izan chegou á aula contando que na ponte vira a película "MEGALODÓN". Imaxinaredes a expectación que isto causou nos nenos.
Pero... ¿quen foi MEGALODÓN?.
Brais, explicouno á perfección: <<é un tiburón que viviu fai moito tempo, cós dinosaurios. Era o máis grande, pero morreu cando caeu un meteorito do ceo".
Aquí xordeu un gran interrogante... ¿cánto mediu?, ¿qué medida tería que cumprir para ser o máis grande do mundo?.
Este foi o punto de partida da nosa investigación e éste o proceso que seguimos:
  • Cada neno ía dicindo unha estimación de tamaño e Izan ía anotándoo.
  • Unha vez anotadas todas as estimacións analizamos cál era a máis alta e cál a máis baixa. 
  • Comprobamos. Buscamos este dato nas fontes de información que tiñamos ao noso alcance: os libros e internet. Aínda que hai certa controversia, na maioría das fontes coinciden en sinalar que o megalodón medía ao redor de 20 metros. 

  • Vivenciación: ¿cánto son 20 metros?, ¿é moito ou pouco?, ¿a cántos nenos equivale?. Comprobámolo!




  • Xa por último representamos a experiencia vivida sobre o papel. 


Deste xeito, hoxe desfrutamos dunha xornada moi matemática na que traballamos moitísimos conceptos: medidas, estimacións, tamaños, comparacións... 

Grazas tamén dende aquí ao profe Adrián por axudarnos a levar a cabo esta experiencia. 

lunes, 5 de marzo de 2018

ESTIMANDO...

Como ben sabedes, a semana pasada levamos a cabo unha proposta de estimación na nosa aula. 
O problema a resolver... ESTIMAR CÁNTOS COCHES HABERÍA DENTRO DO BOTE.  


¡O xogo comenzaba!. Cada neno tiña que anotar as súas estimacións nos papeliños e introducilas na bandexa. Neles tiñan que figurar o nome de cada un e o número exacto de coches que eles pensaban que contiña o bote. 
E así o fixeron tamén o resto dos mestres do CRA e moitos de vós. 

Unha vez recollidas todas as respostas, tocou facer o reconto. E para iso seguimos a seguinte secuencia:
  • Contamos os coches facendo grupiños de 10. O resultado: 25 coches (2 decenas e 5 unidades).

  • Lemos as tarxetas coas estimacións e imos analizando-comparando os números facendo dous grupos: os que se pasaron da cifra gañadora e os que quedaron cortos. 

  • Comprobamos que había dúas estimacións exactas, a do profe Dani e a de María. 
  • Analizamos os resultados: contamos o número total de participantes; cál foi a estimación máis "pequena" (Gorka con 6 coches) e a máis "grande" (Álex e Pedro con 88); cantos quedaron cortos e cántos se pasaron (¿de qué grupo hai más?)...


 Por último, decidimos facer un cartel para darlle a noraboa aos acertantes. 



Moitísimas grazas a todos por participar e axudarnos así a enriquecer a proposta. 

Xogo, conteo, estimacións e aprendizaxe nunha única proposta. 






lunes, 11 de diciembre de 2017

MATEMÁTICAS LARPEIRAS con… lacasitos

Ao longo do primeiro trimestre estivemos a levar a cabo obradoiros lóxico-matemáticos.
Para a primeira sesión de "MATEMÁTICAS LARPEIRAS" empregamos lacasitos, diagramas de barras e a calculadora



¿Cal foi o primeiro problema a saborear?
Temos un tubo de lacasitos.  ¿Cántos lacasitos haberá nel? 
Cada equipo tiña que facer unha estimación do número de lacasitos totais que crían que contiña cada bote.
Ata 100 chegou a dicir algún… ¿Sería verdade?



O seguinte paso foi comprobalo. 
E para sistematizar e ordear o noso cálculo empregamos un diagrama de barras. 
Primeiro os clasificamos atendendo a súa cor e logo, contamos cántos había de cada unha deles. 

A continuación reflexamos as diferentes cantidades. 
Sumamos todas elas e rexistramos o total. 
E para levar a cabo esta operación apoiámonos nunha ferramenta que ningún neno coñecía: a calculadora (achegándonos así a símbolos matemáticos como "+" e "=" e mais utilizando termos coma <<máis>> ou <<total>>). 

E chega a parte que máis nos gustou… 


¡¡¡PARABÉNS larpeiros!!!





domingo, 26 de noviembre de 2017

FROITOS DE OUTONO

A semana pasada levamos a cabo esta actividade a través da cal seguímonos achegando aos froitos propios desta época do ano.
Trátase dunha proposta que dividimos en 3 fases:

  1. asociar imaxe-froito real.
  2. compoñer o nome dos mesmos, avanzando así no proceso lectoescritor (cada un dende a fase na que se atopa). 
  3. construcción da gradación de cor de cada un celes, traballando deste xeito a orde e a armonía cromática.
Velaquí algunhas imaxes do proceso:







Grazas á profe Merchi que nos serviu de inspiración para levar a cabo esta outonal proposta.