Mostrando entradas con la etiqueta outono. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta outono. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de diciembre de 2017

OS MARMELOS. Sesión II: merenda… xeométrica!!!

Na segunda sesión, coma non podía ser doutra maneira, consistiu na degustación deste gustoso manxar.


Observamos e describimos…


… ¿A qué forma xeométrica lémbranos?



...Compoñemos adiviñas 



...E degustamos.























lunes, 11 de diciembre de 2017

OS MARMELOS. Sesión I.

Hai un froito característico do outono que espertou moito a curiosidade da maioría dos nenos da aula: o marmelo, polo que decidimos adicarlle varias sesións a coñecer un pouquiño máis acerca del. 

O primeiro que fixemos foi manipular e experimentar a través dos sentidos: 

 ulímolo (<<ule a limón>>, <<a mín úleme a herba>>, << eu penso que a mazá>>).


tocámolo (¿é liso ou rugoso?; ¿é brando ou duro?); comparámolo coa mazá buscando semellanzas e diferenzas (tamaño, cor, forma…).


pesámolo e anotamos resultados.


medímolo.



e investigamos acerca del valéndonos do libro "Una cocina tan grande como un huerto" da editorial Kókinos así como da información que atopamos pola rede.



Unha das cousas que máis lles sorprendeu foi que éste é o froito de onde sae o membrillo que moitos afirmaron comer nas súas merendas acompañado de queixo. 
Dado o seu descoñecemento, decidimos visionar un pequeno vídeo onde se explica o seu proceso de elaboración, enlatado e ata a súa representación pictórica pois froito das nosas pesquisas soubemos que hai un pintor español chamado Antonio López que é moi coñecido polas súas pinturas de marmelos. 


Tanto lles entusiasmaron as representacións de Antonio que decidimos emulado e, provistos de acuarelas, puxémonos a crear. 




E coma todo bon artista que se precie, antes da representación final primeiro realizamos uns bosquexos.


Velaquí podedes ver o proceso de creación.







E este foi o resultado final…







domingo, 10 de diciembre de 2017

PLANTAMOS

Dada a nosa participación no proxecto de centro "Voz Natura", hai dúas semanas dispuxémonos a plantar landras. 
Os pasos que seguimos foron os seguintes:
  1. Lemos o conto "Xaime e as landras" e falamos-reflexionamos acerca da mensaxe contida no relato. 
  2. Fixemos unha búsqueda guiada en internet e en libros acerca de cáles son as condicións e necesidades de plantación deste froito. 
  3. Logo, cada neno personalizou cadansúa maceta -elaborada con papel e cartón reciclado- con rotuladores e gomets e fixémoslle varios buratos pequeniños no fondo para favorecer a súa drenaxe e crecemento. 
  4. Finalmente, plantamos. 
Velaquí podedes algunhas imaxes do proceso. 



Agora tan só nos queda facer como Xaime, o protagonista do conto: coidar, regar e agardar para que as nosas plantacións se convirtan, o día de mañá, en grandes carballos nos que os paxariños poidan aniñar e cuias ramas nos den sombra nos días de verán. 

miércoles, 29 de noviembre de 2017

COCIÑANDO NA ESCOLA



Calculamos cantidades, cortamos, medimos, mezclamos, engadimos, agardamos e degustamos.




Xa por último, degustamos.


¡¡¡BOÍSIMO!!! NORABOA CHEFS. 


domingo, 26 de noviembre de 2017

FROITOS DE OUTONO

A semana pasada levamos a cabo esta actividade a través da cal seguímonos achegando aos froitos propios desta época do ano.
Trátase dunha proposta que dividimos en 3 fases:

  1. asociar imaxe-froito real.
  2. compoñer o nome dos mesmos, avanzando así no proceso lectoescritor (cada un dende a fase na que se atopa). 
  3. construcción da gradación de cor de cada un celes, traballando deste xeito a orde e a armonía cromática.
Velaquí algunhas imaxes do proceso:







Grazas á profe Merchi que nos serviu de inspiración para levar a cabo esta outonal proposta.

lunes, 6 de noviembre de 2017

OUTONEANDO

Dende a chegada do Outono, estamos a realizar diversas propostas a través das cales tratamos de desenvolver as diferentes áreas do desenvolvemento infantil: lectoescritura, lóxico-matemática, motricidade fina, expresión artística… 

Mirade, mirade…



Identificamos as cores do outono: clasificamos as follas en función da súa cor e compoñemos a súa gradación. 



Escribimos acrósticos con palabras de Outono.






Facemos series con froitos tanto de maneira libre creando nós mesmos un patrón, como de maneira guiada seguindo o modelo. 




Practicamos a lectoescritura. 



Estampamos e calcamos con follas (recoñecemento do contorno e silueta). 




Realizamos a destreza de pensamento "COMPARO-CONTRASTO" de R. Swartz. Estas destrezas permítenlle aos nenos desenvolver un pensamento crítico e creativo; a reflexionar e a tomar decisións. 


Deseñamos mandalas. 


E pintamos caixiñas.

¿Para qué?

En próximas entradas o veredes…