domingo, 12 de noviembre de 2017

NUNCA MÁIS. QUEREMOS VERDE, NON NEGRO.

Como ben sabedes, durante o fatídico 15 de Outubro do 2017 Galicia foi asolada polas chamas cebándose especialmente coa provincia de Pontevedra e Orense.  
Durante os días seguintes, na aula estivemos a reflexionar sobre as causas e consecuencias desta catástrofe ambiental e persoal que moitas familias tiveron que vivir. 
¿Por qué sucedeu?, ¿Qué ía pasar agora?, ¿Cáles eran os nosos sentimentos ao respeto?… estes foron tan so algúns dos interrogantes que plantexamos. 
Froito destas conversas saíron a relucir opinións, inquedanzas e conductas prosociais a modo de consellos que estaban nas nosas mans e que poderiamos seguir para evitar que volvera a suceder. 
Parte do traballado refléxase neste cartel que elaboramos entre tódolos nenos e mestres do CRA có obxectivo así de concenciar á poboación sobre a necesidade de coidar e protexer un dos nosos bens máis prezados: os montes e bosques galegos. 


E para que esta mensaxe puidera ter máis difusión e chegase a todo o noso entorno, o venres fixemos unha saída polo pobo para colgar ditos carteis polos negocios e tendas locais. 
Velaquí vos deixamos algunhas fotiños da mesma.



NO MERCADO MUNICIPAL 




NO CONCELLO



NOS COMERCIOS LOCAIS








Dende aquí dar as grazas a tódolos establecementos que nos permitiron deixar a nosa pegada. 
Grazas pola xenerosidade, amabilidade e amor có que nos recibistes.





"NUNCA MÁIS. QUEREMOS VERDE, NON NEGRO". 









lunes, 6 de noviembre de 2017

OUTONEANDO

Dende a chegada do Outono, estamos a realizar diversas propostas a través das cales tratamos de desenvolver as diferentes áreas do desenvolvemento infantil: lectoescritura, lóxico-matemática, motricidade fina, expresión artística… 

Mirade, mirade…



Identificamos as cores do outono: clasificamos as follas en función da súa cor e compoñemos a súa gradación. 



Escribimos acrósticos con palabras de Outono.






Facemos series con froitos tanto de maneira libre creando nós mesmos un patrón, como de maneira guiada seguindo o modelo. 




Practicamos a lectoescritura. 



Estampamos e calcamos con follas (recoñecemento do contorno e silueta). 




Realizamos a destreza de pensamento "COMPARO-CONTRASTO" de R. Swartz. Estas destrezas permítenlle aos nenos desenvolver un pensamento crítico e creativo; a reflexionar e a tomar decisións. 


Deseñamos mandalas. 


E pintamos caixiñas.

¿Para qué?

En próximas entradas o veredes… 



martes, 17 de octubre de 2017

COMEZAMOS NOVA ANDAINA…

¡Ola familias!
Quero darvos a todos/as á benvida a esta nova andaina.  
Como xa vos comentei na reunión, este blogue pretende ser unha fiestra a través da cal veredes unha pequena parte do noso día a día na aula: as actividades, as rutinas, as experiencias e os afectos e emocións que se van xerando e tecendo.
E con tal fin, aquí tedes unha pequena mostra do que se "coce" na nosa aula. 

NESTA CLASE… 

SORRIMOS… 



ABRAZÁMONOS E BICÁMONOS…



XOGAMOS… 










EXPERIMENTAMOS E CREAMOS…




MIMÁMONOS…


SAÍMOS AO ENTORNO… 


CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS… 




E moitísimas cousas máis que vos iremos contando ao longo do curso. 

¡¡¡ APERTAS !!!










jueves, 22 de junio de 2017

FIN DE CURSO!

         

   AQUI VOS DEIXO O ÚLTIMO VIDEO DO CURSO!
                             

 
                                                       

  MOITASSSSS  GRACIASSSS A TODOS OS PAPIS E MAMIS !!
FIXESTES QUE FORA UN ANO DE 10!!

FELIZ VERÁN!
A DISFRUTAR

jueves, 15 de junio de 2017

EXCURSION A PORTUGAL !!

   POISSSS DESPOIS DUN LONGO CURSO...CHEGOU A ESPERADA EXCURSION A VILANOVA DA CERVEIRA..PASAMOLA BENNN NOOOONN....REQUETEBENNNNN...MIRADE UN PEQUENO RESUMO!
DISFRUTADEEEEOOO


XA NON NOS QUEDA NADA!!

sábado, 10 de junio de 2017

ANIVERSARIOS MAR E PABLO(XUÑO E XULLO)

   
   E PARECE MENTIRA, PERO ESTES SON OS ÚLTIMOS ANIVERSARIOS DESTE CURSO...

MAR 5 ANIÑOS
PABLO 6 ANIÑOS

 MAR E PABLO FANSENOS MAIORES...


MOITASSSSS FELICIDADESSS CHIC@SSSS















E DEIXOVOS A ÚLTIMA FOTO DOS ANIVERSARIOSS COS MEUS PEQUERRECHOSSS...FALTANOS  ÁLEX PERO ACORDAMONOS MOITO
UN BIKIÑOOOO ÁLEX

MOITASSS GRACIAS AS FAMILIAS POR COLABORAR DURANTE TODO O CURSO,ASI E TODO MÁIS FÁCIL!!