domingo, 12 de noviembre de 2017

NUNCA MÁIS. QUEREMOS VERDE, NON NEGRO.

Como ben sabedes, durante o fatídico 15 de Outubro do 2017 Galicia foi asolada polas chamas cebándose especialmente coa provincia de Pontevedra e Orense.  
Durante os días seguintes, na aula estivemos a reflexionar sobre as causas e consecuencias desta catástrofe ambiental e persoal que moitas familias tiveron que vivir. 
¿Por qué sucedeu?, ¿Qué ía pasar agora?, ¿Cáles eran os nosos sentimentos ao respeto?… estes foron tan so algúns dos interrogantes que plantexamos. 
Froito destas conversas saíron a relucir opinións, inquedanzas e conductas prosociais a modo de consellos que estaban nas nosas mans e que poderiamos seguir para evitar que volvera a suceder. 
Parte do traballado refléxase neste cartel que elaboramos entre tódolos nenos e mestres do CRA có obxectivo así de concenciar á poboación sobre a necesidade de coidar e protexer un dos nosos bens máis prezados: os montes e bosques galegos. 


E para que esta mensaxe puidera ter máis difusión e chegase a todo o noso entorno, o venres fixemos unha saída polo pobo para colgar ditos carteis polos negocios e tendas locais. 
Velaquí vos deixamos algunhas fotiños da mesma.



NO MERCADO MUNICIPAL 




NO CONCELLO



NOS COMERCIOS LOCAIS








Dende aquí dar as grazas a tódolos establecementos que nos permitiron deixar a nosa pegada. 
Grazas pola xenerosidade, amabilidade e amor có que nos recibistes.





"NUNCA MÁIS. QUEREMOS VERDE, NON NEGRO". 









No hay comentarios:

Publicar un comentario