lunes, 11 de diciembre de 2017

OS MARMELOS. Sesión I.

Hai un froito característico do outono que espertou moito a curiosidade da maioría dos nenos da aula: o marmelo, polo que decidimos adicarlle varias sesións a coñecer un pouquiño máis acerca del. 

O primeiro que fixemos foi manipular e experimentar a través dos sentidos: 

 ulímolo (<<ule a limón>>, <<a mín úleme a herba>>, << eu penso que a mazá>>).


tocámolo (¿é liso ou rugoso?; ¿é brando ou duro?); comparámolo coa mazá buscando semellanzas e diferenzas (tamaño, cor, forma…).


pesámolo e anotamos resultados.


medímolo.



e investigamos acerca del valéndonos do libro "Una cocina tan grande como un huerto" da editorial Kókinos así como da información que atopamos pola rede.



Unha das cousas que máis lles sorprendeu foi que éste é o froito de onde sae o membrillo que moitos afirmaron comer nas súas merendas acompañado de queixo. 
Dado o seu descoñecemento, decidimos visionar un pequeno vídeo onde se explica o seu proceso de elaboración, enlatado e ata a súa representación pictórica pois froito das nosas pesquisas soubemos que hai un pintor español chamado Antonio López que é moi coñecido polas súas pinturas de marmelos. 


Tanto lles entusiasmaron as representacións de Antonio que decidimos emulado e, provistos de acuarelas, puxémonos a crear. 




E coma todo bon artista que se precie, antes da representación final primeiro realizamos uns bosquexos.


Velaquí podedes ver o proceso de creación.







E este foi o resultado final…







No hay comentarios:

Publicar un comentario