lunes, 5 de noviembre de 2018

O MEGALODÓN

Ás veces, ocorren na aula situacións "pedagóxicas" que non tiñamos programadas pero das que non podemos deixar escapar. Hoxe foi un deses días. 
A primeira hora Izan chegou á aula contando que na ponte vira a película "MEGALODÓN". Imaxinaredes a expectación que isto causou nos nenos.
Pero... ¿quen foi MEGALODÓN?.
Brais, explicouno á perfección: <<é un tiburón que viviu fai moito tempo, cós dinosaurios. Era o máis grande, pero morreu cando caeu un meteorito do ceo".
Aquí xordeu un gran interrogante... ¿cánto mediu?, ¿qué medida tería que cumprir para ser o máis grande do mundo?.
Este foi o punto de partida da nosa investigación e éste o proceso que seguimos:
  • Cada neno ía dicindo unha estimación de tamaño e Izan ía anotándoo.
  • Unha vez anotadas todas as estimacións analizamos cál era a máis alta e cál a máis baixa. 
  • Comprobamos. Buscamos este dato nas fontes de información que tiñamos ao noso alcance: os libros e internet. Aínda que hai certa controversia, na maioría das fontes coinciden en sinalar que o megalodón medía ao redor de 20 metros. 

  • Vivenciación: ¿cánto son 20 metros?, ¿é moito ou pouco?, ¿a cántos nenos equivale?. Comprobámolo!




  • Xa por último representamos a experiencia vivida sobre o papel. 


Deste xeito, hoxe desfrutamos dunha xornada moi matemática na que traballamos moitísimos conceptos: medidas, estimacións, tamaños, comparacións... 

Grazas tamén dende aquí ao profe Adrián por axudarnos a levar a cabo esta experiencia. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario