domingo, 13 de mayo de 2018

POEMAS CON CHOCOLATE


"A poesía é unha onza de chocolate. Algo pequeno, escuro e o máis bo do mundo". Kirmen Uribe.

Dende que comezara o segundo trimestre na aula estamos inmersos no achegamento a unha tipoloxía textual pouco coñecida polos nenos: a poesía.
Xa levamos desenvoltas diversas actividades ao redor da mesma: lecturas en voz alta; localizar determiñadas palabras nun poema; xogar a cambiar outras; ilustralos...
Mais hai dúas semanas iniciamos unha nova proposta que aos nenos lles está a motivar moito. Esta é "POEMAS DE CHOCOLATE".

¿En qué consiste a proposta?
O fin persegue é que os nenos "cóllanlle o gusto" a poesía; que se acostumen a ela e saboreen a douzura das súas palabras.
Nestas sesións combínase a escoita dos poemas coa degustación dun chocolate.
Estos son os que levamos ata o de agora:


¿Cómo organizamos estas sesións?

  • Léolles o poema. 




  • Dialogamos sobre él (relacionándoo se é posible coas súas vivenzas e experiencias). 
  • Preséntolles o chocolate a degustar con esa poesía e reflexionamos acerca da relación que pode existir entre o contido da poesía e o sabor do chocolate (ex. por qué pensades que este poema de medo sobre os lobos vai acompañado dun chocolate negro?).
  • Finalmente degustamos. 



Tan só levamos 3 sesións pero están a ser un éxito. 
Por aquí déixovos algunhas das reflexións ás que chegaron: 

"O chocolate é negro porque a escuridade é negra e a mín dame medo". 
"O chocolate da Paz é branco porque as pombas son brancas e voan na Paz". 
"O chocolate é branco porque tírome ao chan e miro para o ceo. Miro as nubes que son brancas e estou relaxado". 
"Porque o branco é a cor da tranquilidade". 

Continuaremos nos vindeiros días coa degustación de novos poemas... 





No hay comentarios:

Publicar un comentario