lunes, 7 de mayo de 2018

CAMPO DE FLORES

Seguimos a realizar propostas relacionadas coa primaveira.
Fai xa un mes levamos a cabo un obradoiro de arte "Campo de flores" seguindo as indicacións que Hervé Tullet propón no libro "Diviértete. Talleres de arte con Hervé Tullet".


Divididos por equipos, comezamos a debuxar: puntos pequenos e grandes, círculos, puntos dentro de círculos, puntos dentro dun punto, puntos ao redor dun círculo, deixamos caer o pincel dende certa altura facendo manchas..
Cada vez que realizaban unha orde, cambiábanse de sitio ou de cor. A única norma a seguir era respetar as creacións dos compañeiros, sin que iso significara que non puideran compleméntalas e enriquecelas.





Logo detivémonos a observar a nosa creación. 
Xa só quedaba un último paso: transformar este cadro de puntos, círculos e manchas nun campo de flores. Para crealo bastaba con abrir ben os ollos, ¡as flores xa estaban alí!. Só faltaba debuxarlle o tallo e as flores. 
E mentres dabamos renda solta á nosa imaxinación, a melodía de Primaveira de Vivaldi soaba de fondo ambientando así o noso obradoiro. 
Velaquí o resultado final:



No hay comentarios:

Publicar un comentario