jueves, 15 de marzo de 2018

XOGANDO CÓ NOME

O nome propio é o primeiro texto có que os nenos se inician no proceso lectoescritor. 
Isto posibilita que os nenos teñan un recurso estable de escritura para interactuar libremente con ela. 
O nome propio, ademáis, ten unha gran carga afectiva para eles. Forma parte inseparable da súa identidade o que lles produce unha gran motivación para aprender. 
Velaquí deixámosvos algunha das propostas que estivemos a desenvolver dende o incio de curso ao redor do mesmo; propostas éstas que desenvolvemos tódolos días no momento da asamblea có nome do encargado/a dese día. 
  • Composición de acrósticos libres có seu nome.
  • Composición de acrósticos con cualidades-adxetivos positivos que dicir dese compañeiro/a e que o definan de maneira única e especial. 
  • Composición de novas palabras a partir das letras dos seus nomes; dinámica que estamos a desenvolver nestes momentos na aula. 

¡Probade a xogar con eles na casa!



8-M

Con motivo da celebración do 8-M, dende a semana pasada estivemos a traballar sobre isto.
  • Limos contos relacionados có tema.
  • Reflexionamos sobre qué significa este día e por qué se celebra; o cal nos permitiu introducir termos coma: conciliar, liberdade, igualdade ou dereitos.
  • Falamos das mulleres importantes das súas vidas (mais, avoas, irmás...) e ilustráronas.
  • Redactamos a nosa particular "Constitución" con normas que aseguren a igualdade.

  • Analizamos a prensa: qué cor era a predominante, lemas empregados, símbolos da Muller...

Finalmente, plasmamos todo iso nun panel que acompañaranos cada día na nosa aula para así telo sempre presente.









¿LE PONDREMOS UN BIGOTE?

Neste trimestre estámonos a familiarizar cun novo texto literario: a poesía. 
Un dos poemas que traballamos é "¿Le pondremos un bigote?" de Mar Benegas. 


Velaquí podedes ver a secuencia de traballo que seguimos. 

  1. Linlles o poema e eles o ían ilustrando tan só coas referencias que se proporcionan na narración (sen ver as imaxes). 


Logo, contrastamos as súas produccións coa imaxe orixinal: ¿debuxamos todos os elementos? (favorecendo e reforzando así a construcción do seu esquema corporal, especialmente nos nenos de 3 anos).  


E unha vez que todos eles tiñan ben interiorizada o poema, recompuxémolo exercitando así as súas habilidades lectoescritoras. 



E vos qué pensades... ¿Porémoslle un bigote?




lunes, 12 de marzo de 2018

PALABRAS DE SEREA




¿Alguén sabe o que ocorre coas palabras que esquecemos?, ¿A onde se dirixen?, ¿É posible recuperalas?
Este tenro e delicado conto escrito por Mía Cassany e ilustrado por Esther Gili ten a resposta.  Nel desvélasenos un dos oficios segredos das sereas: gardar en botes de cristal aquelas palabras que ás veces esquécennos para que, así, nunca xamais se perdona e poidamos recuperalas. 
Neste proceso estivemos inmersos na aula durante este trimestre: escribindo aquelas palabras que, por nada do mundo, quixeramos olvidar. 
Froito das conversas e reflexións que estivemos a manter, saíron á luz aquelas palabras que para eles eran importantes. Como vedes, hainas de todos os tipos: palabras que nos falan do amor (abrazos, cariño, te quiero...), dos seus seres queridos (mamá, Antón ou Thor), dos seus gustos (xeado, gominola) e ata de valores universais (amizade)... 
Cando un neno estaba completamente seguro de cál era a palabra que quería gardar sempre consigo escribíaa en dous formatos: primeiro en papel e, logo, na "máquina das letras" como eles a chaman ;). 




Ademáis, como ben sabedes, para enriquecer este traballo pedímosvos a vosa colaboración. Fostes moitos os que animástesvos a participar. Cada vez que nos chegaba unha nova palabra da casa analizabámola atendendo a dúas vías:
  1. Proceso lectoescritor: leíamola, viamos por qué letra comezaba e/ou remataba, se era unha palabra curta-mediana-longa...
  2. Educación emocional: reflexionabamos acerca do seu significado, por qué crían eles que eran importantes para vós, qué consecuencias podería ter esquecernos dela, relacionabámola coas súas vivenzas... 


Dende aquí darvos ás grazas a todos por participar e tamén á profe Betlém por deixarnos a súa máquina durante este tempo. 





lunes, 5 de marzo de 2018

ESTIMANDO...

Como ben sabedes, a semana pasada levamos a cabo unha proposta de estimación na nosa aula. 
O problema a resolver... ESTIMAR CÁNTOS COCHES HABERÍA DENTRO DO BOTE.  


¡O xogo comenzaba!. Cada neno tiña que anotar as súas estimacións nos papeliños e introducilas na bandexa. Neles tiñan que figurar o nome de cada un e o número exacto de coches que eles pensaban que contiña o bote. 
E así o fixeron tamén o resto dos mestres do CRA e moitos de vós. 

Unha vez recollidas todas as respostas, tocou facer o reconto. E para iso seguimos a seguinte secuencia:
  • Contamos os coches facendo grupiños de 10. O resultado: 25 coches (2 decenas e 5 unidades).

  • Lemos as tarxetas coas estimacións e imos analizando-comparando os números facendo dous grupos: os que se pasaron da cifra gañadora e os que quedaron cortos. 

  • Comprobamos que había dúas estimacións exactas, a do profe Dani e a de María. 
  • Analizamos os resultados: contamos o número total de participantes; cál foi a estimación máis "pequena" (Gorka con 6 coches) e a máis "grande" (Álex e Pedro con 88); cantos quedaron cortos e cántos se pasaron (¿de qué grupo hai más?)...


 Por último, decidimos facer un cartel para darlle a noraboa aos acertantes. 



Moitísimas grazas a todos por participar e axudarnos así a enriquecer a proposta. 

Xogo, conteo, estimacións e aprendizaxe nunha única proposta. 






jueves, 14 de diciembre de 2017

OS MARMELOS. Sesión II: merenda… xeométrica!!!

Na segunda sesión, coma non podía ser doutra maneira, consistiu na degustación deste gustoso manxar.


Observamos e describimos…


… ¿A qué forma xeométrica lémbranos?



...Compoñemos adiviñas 



...E degustamos.























lunes, 11 de diciembre de 2017

OS MARMELOS. Sesión I.

Hai un froito característico do outono que espertou moito a curiosidade da maioría dos nenos da aula: o marmelo, polo que decidimos adicarlle varias sesións a coñecer un pouquiño máis acerca del. 

O primeiro que fixemos foi manipular e experimentar a través dos sentidos: 

 ulímolo (<<ule a limón>>, <<a mín úleme a herba>>, << eu penso que a mazá>>).


tocámolo (¿é liso ou rugoso?; ¿é brando ou duro?); comparámolo coa mazá buscando semellanzas e diferenzas (tamaño, cor, forma…).


pesámolo e anotamos resultados.


medímolo.



e investigamos acerca del valéndonos do libro "Una cocina tan grande como un huerto" da editorial Kókinos así como da información que atopamos pola rede.



Unha das cousas que máis lles sorprendeu foi que éste é o froito de onde sae o membrillo que moitos afirmaron comer nas súas merendas acompañado de queixo. 
Dado o seu descoñecemento, decidimos visionar un pequeno vídeo onde se explica o seu proceso de elaboración, enlatado e ata a súa representación pictórica pois froito das nosas pesquisas soubemos que hai un pintor español chamado Antonio López que é moi coñecido polas súas pinturas de marmelos. 


Tanto lles entusiasmaron as representacións de Antonio que decidimos emulado e, provistos de acuarelas, puxémonos a crear. 




E coma todo bon artista que se precie, antes da representación final primeiro realizamos uns bosquexos.


Velaquí podedes ver o proceso de creación.







E este foi o resultado final…