Neste trimestre estámonos a familiarizar cun novo texto literario: a poesía.
Un dos poemas que traballamos é "¿Le pondremos un bigote?" de Mar Benegas.
Velaquí podedes ver a secuencia de traballo que seguimos.
- Linlles o poema e eles o ían ilustrando tan só coas referencias que se proporcionan na narración (sen ver as imaxes).
Logo, contrastamos as súas produccións coa imaxe orixinal: ¿debuxamos todos os elementos? (favorecendo e reforzando así a construcción do seu esquema corporal, especialmente nos nenos de 3 anos).
E unha vez que todos eles tiñan ben interiorizada o poema, recompuxémolo exercitando así as súas habilidades lectoescritoras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario