Mostrando entradas con la etiqueta cor. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cor. Mostrar todas las entradas

domingo, 3 de diciembre de 2017

ACHEGÁNDONOS Á ARTE: Sonia Delaunay

Neste curso estamos a levar a cabo un proxecto de arte a través do cal pretendemos achegarnos aos principais elementos da linguaxe plástica.
Neste primeiro trimestre estámonos achegar en profundidade a un deses compoñentes: a liña.
Unha das artistas que seleccionamos para traballar sobre este aspecto é SONIA DELAUNAY.
Velaquí deixámosvos algunha das propostas que levamos a cabo ao redor desta artista de orixe ruso e figura clave da primeira vanguardia parisiense.










 "COLOUR IS THE SKIN OF THE WORLD". Sonia Delaunay. 



domingo, 26 de noviembre de 2017

FROITOS DE OUTONO

A semana pasada levamos a cabo esta actividade a través da cal seguímonos achegando aos froitos propios desta época do ano.
Trátase dunha proposta que dividimos en 3 fases:

  1. asociar imaxe-froito real.
  2. compoñer o nome dos mesmos, avanzando así no proceso lectoescritor (cada un dende a fase na que se atopa). 
  3. construcción da gradación de cor de cada un celes, traballando deste xeito a orde e a armonía cromática.
Velaquí algunhas imaxes do proceso:







Grazas á profe Merchi que nos serviu de inspiración para levar a cabo esta outonal proposta.