Como ben sabedes, a semana pasada levamos a cabo unha proposta de estimación na nosa aula.
O problema a resolver... ESTIMAR CÁNTOS COCHES HABERÍA DENTRO DO BOTE.
¡O xogo comenzaba!. Cada neno tiña que anotar as súas estimacións nos papeliños e introducilas na bandexa. Neles tiñan que figurar o nome de cada un e o número exacto de coches que eles pensaban que contiña o bote.
E así o fixeron tamén o resto dos mestres do CRA e moitos de vós.
Unha vez recollidas todas as respostas, tocou facer o reconto. E para iso seguimos a seguinte secuencia:
- Contamos os coches facendo grupiños de 10. O resultado: 25 coches (2 decenas e 5 unidades).
- Lemos as tarxetas coas estimacións e imos analizando-comparando os números facendo dous grupos: os que se pasaron da cifra gañadora e os que quedaron cortos.
- Comprobamos que había dúas estimacións exactas, a do profe Dani e a de María.
- Analizamos os resultados: contamos o número total de participantes; cál foi a estimación máis "pequena" (Gorka con 6 coches) e a máis "grande" (Álex e Pedro con 88); cantos quedaron cortos e cántos se pasaron (¿de qué grupo hai más?)...
Por último, decidimos facer un cartel para darlle a noraboa aos acertantes.
Moitísimas grazas a todos por participar e axudarnos así a enriquecer a proposta.
Xogo, conteo, estimacións e aprendizaxe nunha única proposta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario