O nome propio é o primeiro texto có que os nenos se inician no proceso lectoescritor.
Isto posibilita que os nenos teñan un recurso estable de escritura para interactuar libremente con ela.
O nome propio, ademáis, ten unha gran carga afectiva para eles. Forma parte inseparable da súa identidade o que lles produce unha gran motivación para aprender.
Velaquí deixámosvos algunha das propostas que estivemos a desenvolver dende o incio de curso ao redor do mesmo; propostas éstas que desenvolvemos tódolos días no momento da asamblea có nome do encargado/a dese día.
- Composición de acrósticos libres có seu nome.
- Composición de acrósticos con cualidades-adxetivos positivos que dicir dese compañeiro/a e que o definan de maneira única e especial.
- Composición de novas palabras a partir das letras dos seus nomes; dinámica que estamos a desenvolver nestes momentos na aula.
¡Probade a xogar con eles na casa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario