jueves, 8 de noviembre de 2018

ANIVERSARIO BRAIS

Hai dúas semanas celebramos no cole o aniversario de Brais. 
Xa que a súa familia xa estivo na nosa aula o ano pasado celebrando o seu cumpreanos, saltámonos a celebración ao estilo Montessori e centrámonos nos seus obxectos valiosos que nos permitiron coñecelo un pouco mellor.


Acompañado do seu pai e do seu irmá Antón, Brais explicounos por qué escollera eses obxectos e por qué eran importantes para él. 
Pode parecer un xesto insignificante pero o feito de compartir cós demás unha parte de ti é esencial para aprender a respetar ao outro, para descubrirlo, para atopar cousas en común... tan só así, "desnudándonos" ante os demáis, é como se vai conformando un grupo-clase no que os nenos son capaces de respetarse e de valorar a todos e cada un dos seus membros.  
Deste xeito puidemos comprobar que Brais é todo un experto en dinosaurios, que lle apaixonan o superheroes (isto xa o sospeitábamos 😝) e que fai pouco sumaron un novo membro a súa familia xa que déronlle un fogar a un cadela que atoparon abandonada. 
Tras isto, degustamos un rico biscoito que preparou a súa familia e cantámoslle o cumpleanos feliz... 


... e entregámoslle o agasallo que con tanto agarimo lle preparamos. 
Un tarriño cheo de mensaxes que deixan ver o importante que él é para todos os seus compañeiros/as.


¡¡¡Moitísimos parabéns meu peixiño!!! 
Feliz 4º volta ao sol e que todos os teus desexos se cumpran.

lunes, 5 de noviembre de 2018

O MEGALODÓN

Ás veces, ocorren na aula situacións "pedagóxicas" que non tiñamos programadas pero das que non podemos deixar escapar. Hoxe foi un deses días. 
A primeira hora Izan chegou á aula contando que na ponte vira a película "MEGALODÓN". Imaxinaredes a expectación que isto causou nos nenos.
Pero... ¿quen foi MEGALODÓN?.
Brais, explicouno á perfección: <<é un tiburón que viviu fai moito tempo, cós dinosaurios. Era o máis grande, pero morreu cando caeu un meteorito do ceo".
Aquí xordeu un gran interrogante... ¿cánto mediu?, ¿qué medida tería que cumprir para ser o máis grande do mundo?.
Este foi o punto de partida da nosa investigación e éste o proceso que seguimos:
  • Cada neno ía dicindo unha estimación de tamaño e Izan ía anotándoo.
  • Unha vez anotadas todas as estimacións analizamos cál era a máis alta e cál a máis baixa. 
  • Comprobamos. Buscamos este dato nas fontes de información que tiñamos ao noso alcance: os libros e internet. Aínda que hai certa controversia, na maioría das fontes coinciden en sinalar que o megalodón medía ao redor de 20 metros. 

  • Vivenciación: ¿cánto son 20 metros?, ¿é moito ou pouco?, ¿a cántos nenos equivale?. Comprobámolo!




  • Xa por último representamos a experiencia vivida sobre o papel. 


Deste xeito, hoxe desfrutamos dunha xornada moi matemática na que traballamos moitísimos conceptos: medidas, estimacións, tamaños, comparacións... 

Grazas tamén dende aquí ao profe Adrián por axudarnos a levar a cabo esta experiencia.