lunes, 23 de abril de 2018

PRIMAVEIRA

Aproveitando a chegada do bo tempo, o xoves da semana pasada realizamos a proposta do día no porche do patio. 
Como non podía ser doutro modo, ésta tiña que ver coa estación na que nos atopamos: a A. 






E este foi o resultado final...






Xa por último, e cando chegamos á aula, xogamos a construir as gradacións de cor das flores que estivemos a ilustrar. 









lunes, 16 de abril de 2018

¿A QUÉ CHE SOA?

Velaquí deixámosvos outra das propostas que empregamos na aula para que os nenos vaian avanzando na área da linguaxe. Trátase da CAIXA DOS SONS. 
A través dela traballamos a conciencia fonolóxica, a grafomotricidade e a lectoescritura. 


¿CÓMO XOGAMOS?

  1. Observamos os obxectos e pensamos por qué fonema comeza.
  2. Introducimos cada miniatura no caixón da letra correspondente. 
  3. Comprobamos as nosas hipótesis (para isto empregamos diferentes estratexias: pedimos axuda a un compañeiro, buscamos a palabra...).
  4. Escribímolas. 





Grazas ás familias por colaborar connosco para lograr reunir obxectos e miniaturas para tódalas letras. 






A NOSA HORTA



Hai dúas semanas chegamos á aula e encontrámonos con todo isto. 

¿Qué é?
¿Por qué aparecería na nosa aula?
¿Qué froita-hortaliza-verdura son?
¿Qué podemos facer con eles?

Estes foron algúns dos interrogantes que xurdiron na aula. 
Para comprobar as nosas hipótesis decidimos xuntarnos cós nenos do Seixo 2 e facer unha posta en común. 
Observamos as plantas e as súas sementes, as tocamos, as ulimos, pensamos qué precisarían para poder xermolar... e trala lectura do conto "A horta de Simón",


puxémonos ¡máns á terra! plantando fresas, cebolas vermellas e repolos. 


Agora queda o máis importante: coidar da nosa horta.