lunes, 7 de mayo de 2018

COÑECENDO A B. WURTZ

Continuando có proxecto anual de arte no que todo o CRA está inmerso, neste trimestre achegámonos á obra de B. Wurtz
A obra deste artista norteamericano caracterízase por recopilar e acumular obxectos cotiás, a maioría deles relacionados cós hábitos de consumo, para logo reconvertilos nunha obra de arte; nunha especie de reciclaxe artístico.

Cando os nenos chegaron á aula, tíñalles preparada na zona da asamblea bandexas de aluminio de diferentes tamaños e formas. Comezamos a pensar: que son?; por qué estarán na nosa aula?; para qué serven?; qué outros usos lle poderíamos dar?; poderíamos empregar estas bandexas para crear unha obra artística? Tras moito falar e reflexionar chegou o momento de comprobalo…




¡¡¡Pois parece que sí!!!
Así que puxémonos mans á obra e emulamos a súa obra. 

***Neste día faltaron varios nenos e de ahí que non aparezan todos. Mais según se foron reincorporando, cadaquen foi pintando a súa bandexa.

E este foi o resultado final: unha exposición composta por 15 pezas diferentes, únicas e irrepetibles. Como cada un dos nenos da aula. Todas diferentes entre sí pero todas necesarias para crear o conxunto.




Formas xeométricas, cores, creatividade, consumo responsable e reciclaxe nunha única proposta. 





jueves, 3 de mayo de 2018

SAÍDA O TEATRO

Como broche final, e antes de irnos de ponte, acudimos a Vigo ao teatro para ver a obra de títeres "Antón Comodón". 
Unha fermosísima historia que nos transmitiu valores tales como a importancia de aprender a facer as cousas por nós mesmos, a amizade ou a importancia de axudar e compartir cós demáis. 

Velaquí deixovos un pequeno resumo da obra e que podedes consultar clickando neste enlace.

"Esta es la historia de Antón, a quien de niño en su casa se lo hacían todo, no hacía falta que aprendiera nada si él no quería. Cuando creció tenía un ayudante, Nicolás, que era el encargado de hacerlo todo. Pero un día Nicolás pensó que ya tenía bastante dinero y se fue a vivir a las islas verdes….
Antón no sabía vivir sin ayuda: ni vestirse, ni abrocharse los zapatos, ni tan siquiera comer solo la sopa! 
Así pues decidió empezar un largo viaje en busca de Nicolás, atravesando campos ciudades y lugares desconocidos para él, como una granja y un puerto.
Durante el viaje Antón fue aprendiendo muchas cosas. Cuando por fin llego a las islas verdes y encontró a su ayudante se dio cuenta que había aprendido tanto que era capaz de valerse por sí mismo y fue entonces cuando decidió quedarse a vivir y echar una mano a Nicolás con su carrito de helados, como dos buenos amigos". 

Mais antes de ir ao teatro, deunos tempo a xogar un pouquiño no parque de Castrelos. 
¡Encantounos!

Velaquí deixámosvos unha mostra do ben que o pasamos.






SAÍDA AO RÍO DA PEDRA

No mes de Abril non paramos!!!
Outras das saídas que fixemos foi ao Río da Pedra no que plantamos dúas variedades de árbores autóctonos có fin de axudar a reforestar os nosos montes.
Durante a xornada plantamos árbores, xogamos a xogos tradicionais, merendamos, reencontrámonos cós compañeiros doutras escolas e o máis importante: desfrutamos dunha xornada de convivencia con tódolos nenos e mestres do CRA nun ambiente privilexiado.

Velaquí podedes ver algunhas imaxes da xornada:










CREARTE



A finais de Abril desfrutamos da segunda xornada de convivencia en Vilameán coa escola de Taborda.
Unha xornada chea de arte, xogos e reencontros.

Comezamos o día facendo un pequeno xogo de presentación e mais movéndonos ao son de varias cancións.
Logo, e divididos en equipos, dimos renda solta á nosa imaxinación e puxémonos a crear diversos elementos que decorarán os nosos patios.

  • Pintamos cús de botella que logo convertimos en flores. 
  • Decoramos tellas. 
  • Compuxemos mandalas con tapóns de cores. 


Despois de tanto traballar merendamos e xogamos e despedímonos levando a cabo unha pequena sesión de relaxación e masaxes.


Una xornada moi, moi enriquecedora.
¡Cánto nos gusta ir a CREARTE!






lunes, 23 de abril de 2018

PRIMAVEIRA

Aproveitando a chegada do bo tempo, o xoves da semana pasada realizamos a proposta do día no porche do patio. 
Como non podía ser doutro modo, ésta tiña que ver coa estación na que nos atopamos: a A. 






E este foi o resultado final...






Xa por último, e cando chegamos á aula, xogamos a construir as gradacións de cor das flores que estivemos a ilustrar. 









lunes, 16 de abril de 2018

¿A QUÉ CHE SOA?

Velaquí deixámosvos outra das propostas que empregamos na aula para que os nenos vaian avanzando na área da linguaxe. Trátase da CAIXA DOS SONS. 
A través dela traballamos a conciencia fonolóxica, a grafomotricidade e a lectoescritura. 


¿CÓMO XOGAMOS?

  1. Observamos os obxectos e pensamos por qué fonema comeza.
  2. Introducimos cada miniatura no caixón da letra correspondente. 
  3. Comprobamos as nosas hipótesis (para isto empregamos diferentes estratexias: pedimos axuda a un compañeiro, buscamos a palabra...).
  4. Escribímolas. 





Grazas ás familias por colaborar connosco para lograr reunir obxectos e miniaturas para tódalas letras. 






A NOSA HORTA



Hai dúas semanas chegamos á aula e encontrámonos con todo isto. 

¿Qué é?
¿Por qué aparecería na nosa aula?
¿Qué froita-hortaliza-verdura son?
¿Qué podemos facer con eles?

Estes foron algúns dos interrogantes que xurdiron na aula. 
Para comprobar as nosas hipótesis decidimos xuntarnos cós nenos do Seixo 2 e facer unha posta en común. 
Observamos as plantas e as súas sementes, as tocamos, as ulimos, pensamos qué precisarían para poder xermolar... e trala lectura do conto "A horta de Simón",


puxémonos ¡máns á terra! plantando fresas, cebolas vermellas e repolos. 


Agora queda o máis importante: coidar da nosa horta.