Hai dúas semanas chegamos á aula e encontrámonos con todo isto.
¿Qué é?
¿Por qué aparecería na nosa aula?
¿Qué froita-hortaliza-verdura son?
¿Qué podemos facer con eles?
Estes foron algúns dos interrogantes que xurdiron na aula.
Para comprobar as nosas hipótesis decidimos xuntarnos cós nenos do Seixo 2 e facer unha posta en común.
Observamos as plantas e as súas sementes, as tocamos, as ulimos, pensamos qué precisarían para poder xermolar... e trala lectura do conto "A horta de Simón",
puxémonos ¡máns á terra! plantando fresas, cebolas vermellas e repolos.
Agora queda o máis importante: coidar da nosa horta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario