Velaquí deixámosvos outra das propostas que empregamos na aula para que os nenos vaian avanzando na área da linguaxe. Trátase da CAIXA DOS SONS.
A través dela traballamos a conciencia fonolóxica, a grafomotricidade e a lectoescritura.
¿CÓMO XOGAMOS?
- Observamos os obxectos e pensamos por qué fonema comeza.
- Introducimos cada miniatura no caixón da letra correspondente.
- Comprobamos as nosas hipótesis (para isto empregamos diferentes estratexias: pedimos axuda a un compañeiro, buscamos a palabra...).
- Escribímolas.
Grazas ás familias por colaborar connosco para lograr reunir obxectos e miniaturas para tódalas letras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario