Continuando có proxecto anual de arte no que todo o CRA está inmerso, neste trimestre achegámonos á obra de B. Wurtz.
A obra deste artista norteamericano caracterízase por recopilar e acumular obxectos cotiás, a maioría deles relacionados cós hábitos de consumo, para logo reconvertilos nunha obra de arte; nunha especie de reciclaxe artístico.
Cando os nenos chegaron á aula, tíñalles preparada na zona da asamblea bandexas de aluminio de diferentes tamaños e formas. Comezamos a pensar: que son?; por qué estarán na nosa aula?; para qué serven?; qué outros usos lle poderíamos dar?; poderíamos empregar estas bandexas para crear unha obra artística? Tras moito falar e reflexionar chegou o momento de comprobalo…
¡¡¡Pois parece que sí!!!
Así que puxémonos mans á obra e emulamos a súa obra.
***Neste día faltaron varios nenos e de ahí que non aparezan todos. Mais según se foron reincorporando, cadaquen foi pintando a súa bandexa.
E este foi o resultado final: unha exposición composta por 15 pezas diferentes, únicas e irrepetibles. Como cada un dos nenos da aula. Todas diferentes entre sí pero todas necesarias para crear o conxunto.
Formas xeométricas, cores, creatividade, consumo responsable e reciclaxe nunha única proposta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario