O luns celebramos o aniversario de Gonçalo e neste día tan especial acompañounos a súa nai, Sofía.
Comezamos a celebración vendo fotiños de Gonçalo dende que naceu ata o momento actual (1 por año) á vez que a súa nai ía contándonos cousiñas del: cómo era de pequeno, qué lle gustaba, cál foi a primeira palabra que dixo... "¡Cambiou moito!" dicían algúns...
Cada vez que nos ensinaba unha nova foto, daba unha volta ao sol. Tiveron que estar moi atentos e ser pacientes pois tivo que dar, nada máis e nada menos, que 4 voltas!
Ademáis, tamén trouxo unha maletiña con 3 obxectos que para él eran importantes e cara os que sente un especial apego, o cal serviunos para coñecelo todavía un pouquiño mellor.
Logo desfrutamos dun rico biscoito e cantámoslle o cumpleanos feliz.
Xa por último entregámoslle un agasallo que fixemos con moito, moitísimo agarimo: un tarriño cheo de mensaxes con palabras bonitas dos seus compañeiros cara él para que así recorde sempre o moito que o queren e o importante que é para todos e cada un deles.
Moitos parabéns de novo Gonçalo e como poñía na nota: que todos os teus desexos fáganse realidade.
Feliz 4* volta ao sol.
E grazas a ti Sofía por vir e compartir este ratiño connosco.
Aquí deixóvos unha pequena mostra das propostas de traballo que os nenos estiveron a realizar nestas semaniñas.
Como xa vos comentara na reunión inicial, estas propostas realizámolas todas as mañás de 09:15 a 10:00 e contan con dous formatos de realizacion: en bandexas ou nas alfombras (isto axúdalles a delimitar o espazo de traballo e a manter unha orde). Como vedes os nenos concéntranse moito e cada día son máis autónomos na súa execución. Ao longo desde tempo de propostas poden cambiar de bandexa-actividade mais coa condición de primeiro ter finalizada a anterior e recollido o material correspondiente.
Nestas propostas póñense en xogo diversas habilidades: lectoescritura, conteo/asociación grafía-cantidades, motricidade fina, trasvases, orientación espacial...
Durante a primeira semana de Outubro visitamos a biblioteca do noso CRA.
Comezamos a mañá facendo un pequeno xogo de presentación e botando uns bailes cos nosos compis do Seixo 2.
Logo subimos todos xuntos á biblioteca e a profe Rebeca explicounos cómo funciona a biblioteca (qué días podemos visitala polas tardes e en qué horario; cántos contos podemos levar; cómo podemos conseguir as caixas dos superlectores...) e mais presentounos a Iris, a mascota nosa biblioteca.
Grazas a Rebe tamén puidemos desfrutar dunha sesión de contacontos preciosa sobre o mar. ¡¡¡Encantounos!!! Mirade que atentos estivemos...
Como remate, puidemos escoller un conto para levalo para as nosas casas e compartilo coas familias.
De volta á aula, e aproveitando o bo tempo que ía, fixemos unha merendola no noso patio.
Rematamos esta xornada visitando o Mercado Municipal.
Alí puidemos ver as diferentes tendas: carnicería, panadería, froitería... mais o posto que máis chamounos a atención foi a peixería (algo terá que ver o noso proxecto, ¿verdade?).
Ademáis o Equipo de Dinamización da Lingua Galega preparou un caderno de campo con diversas especies mariñas. Éste acompañaranos ao longo de todo o curso nas diversas saídas e servirannos para levar un rexistro das especies que vamos coñecendo.
Pasado o periodo de acollida, no Seixo 3 embarcámonos no proxecto que acompañaranos ao longo do curso: "O MAR".
O luns, os nenos atopáronse cun caminiño de barquiñas de papel que conducían á nosa aula.
Unha vez entramos nela descubrimos todo isto...
...polo que puxémonos mans á obra e comezamos a falar sobre o que estaban a ver.
O globo terráqueo serviunos como punto de partida para entablar un diálogo orientado a descubrir cáles eran os seus coñementos previos en relación ao mar e os seres mariños que o habitan, xa que este será o centro de interese das nosas investigacións durante este primeiro trimestre. Deixovos un anaquiño da conversa:
Sara: ¿Que é isto? (sinalando o globo terráqueo).
Xabi: é un círculo.
Izan: é o globo terráqueo.
Gorka: é o planeta Terra.
Sara: moi ben, tedes todos razón. ¿E que será iso azul?
Olaya: é o mar.
Izan: é o ceo.
Gorka: arriba está o ceo e abaixo o mar.
Sara: ¿E hai moita ou pouca auga?
Ainielle: hai moita.
Gorka; si, chega ata América.
(Localizamos América no mapa).
Sara: ¿E a auga do mar está fría ou quente?
Pablo: fría. A auga do río está fría.
Gonçalo: a mín gústame a agua da praia.
Gorka: pero no Polo Norte está moi fría. É xeo.
Pedro: alí viven os pingüíns.
Gorka: si, e os osos e as focas.
Sara: tedes razón. ¿En tódolos mares vai tanto frío e viven eses animais?
Lucas: hai peixes.
Ainielle: e tiburóns. Eu vin un tiburón (refírese a unha visita que fixo coa súa familia ao Aquarium da Coruña).
Olaya: tamén hai cabaliños de mar.
Nora: a mín gústanme.
Brais: os tiburóns no son malos.
Gorka: sí que son.
Brais: non, teñen medo as persoas.
Gorka: non.
Sara: bueno, sobre ese tema falaremos noutro momento. Ímos seguir dicindo qué animais mariños coñecedes.
Gorka: as raias.
Izan: lanzan raios.
Gorka: non, é electricidade. Vinno nunha película.
Pedro: os peixes comen algas.
E así seguimos falando durante un bó anaco (no dossier que levarán ao final do curso poderedes ler a conversa completa).
Deseguido "limos" o conto de "La Ola" de Suzy Lee. E digo "limos" porque trátase dun álbum ilustrado que únicamente contén imaxes polo que é o propio lector o que ten que poñerlle voz a esta historia dun día de praia dunha nena a partir do que lle suxiren as imaxes. Supúxonos todo un exercicio de imaxinación e interpretación de de imaxes, xestos, movementos e actitudes corporais, mais non se nos dou nada mal.
Para completar a lectura escoitamos o mar nunha caracola xigante que espertou a curiosidade de todos.
Tras isto, e para poder seguir profudizando e ampliando os nosos coñecementos subimos á biblioteca do cole a <<ler>> os libros e contos que o Equipo de Biblioteca adquiriu este ano para o proxecto.
¡Mirade qué concentrados!
De volta á aula picoteamos uns bombóns mariños mentras botabamos de novo unha pequena charleta acerca das lecturas que fixeran, porque como dixo un dos nenos "Profe, coa barriga chea de chocolate penso mellor". ¿E quen non? :P
Coma ben sabedes, o venres Adrián, Zaira, Mar, María, Álex e Hugo acompañados polos profes Martín e Lorena e mais por mín fomos visitar o centro no que cursarán a Educación Primaria.
Dende que iniciamos o terceiro trimestre, nas nosas asambleas “colábanse” preguntas relacionadas có paso á nova etapa educativa; preguntas que non son máis ca un reflexo das súas dúbidas, inquedanzas, medos…
Mais un día, un dos nenos plantexou algo que o tiña preocupado: “¿a nova profe sabe quen son?”.
A partir de ahí iniciamos un diálogo-debate-reflexión sobre qué podíamos facer para presentarnos perante a persoa que será a súa titora o ano que ven.
Así é como xorde este panel que vedes e cuio propósito é precisamente ése: que a nova titora os coñeza cómo as persoas que son cos seus gustos, as súas habilidades, as súas filias e fobias…
O resultado final son 6 caixas –que cada un decorou como quixo- dentro das cales incluimos os seguientes elementos:
1. Un autoretrato.
2. Unha descripción de sí mesmos escrita por eles. Foi un momento máxico ver cómo os nenos eran capaces de falar deles mesmos “son guapa e gústame pintar”, “teño unha banda e toco o bombo”, “son boa e axudo aos meus compañeiros e papás”…
3. Unha carta vosa describindo aos vosos fillos.
Unha pequena nota escrita por mín na que explicaba o fin deste agasallo á vez que lle proporcionaba pequenas pinceladas de cada un completou este panel-presentación.
Como lle escribía na mesma, agora agarda o máis importante: que se vaian coñecendo no día a día e comecen a escribir xuntos un novo capítulo nas súas vidas.
A través de propostas e xestos como éste o que eu pretendía era coidar e <<mimar>> este cambio enchéndoo de ilusión e curiosidade e vaciándoo de ansiedade e medos. E sobre todo, facer que éste sexa o máis amable e respetuoso posible con eles.
Persoalmente, non quería que o primeiro contacto que a nova titora tivera cós nenos fose a través dun informe-boletín. Eles son moito máis que capacidades, coñecementos ou áreas de aprendizaxe e, polo tanto, considero necesario que aquelas outras dimensións da súa personalidade tamén se lles recoñezan e teñan en conta.
¡¡¡Moitísimas grazas a todos por participar unha vez máis en todo aquilo que vos propoño!!!.