O 15 de Maio celebrouse o DÍA DAS FAMILIAS e para celebralo nada mellor que pasar unha xornada cós nosos seres queridos.
Neste día, tivemos catro obradoiros:
OBRADOIRO 1: AS ABELLAS. Nel aprendimos moitísimas cousas sobre estos insectos: das colmeas onde viven; cómo producen a mel; a vestimenta que empregan os apicultores... e ata tivemos a sorte de poder facer unha degustación de mel de pino.
OBRADOIRO 2: CREAMOS UN LAPICEIRO. Uns tarriños de cristal, un pouco de lá, goma eva e... ¡listo!.
OBRADOIRO 3: INFORMÁTICA. Aprendemos a crear presentacións en Power Point cós nosos debuxos preferidos.
Se clickades na ligazón poderedes ver un vídeo feito por Ana onde aparecen recollidas todas as que os nenos estiveron a deseñar:
OBRADOIRO 4: MÚSICA E BAILE. Ao ritmo de Migallas coa súa canción "Dime qué fixeches" estivemos a mover o esqueleto.
Logo chegou o momento de repoñer forzas...
...e despedirnos desta xornada tan especial.
Moitísimas grazas a todos por vir e agasallarnos cun pedaciño do voso tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario