Quero darvos a todos/as á benvida a esta nova andaina.
Como xa vos comentei na reunión, este blogue pretende ser unha fiestra a través da cal veredes unha pequena parte do noso día a día na aula: as actividades, as rutinas, as experiencias e os afectos e emocións que se van xerando e tecendo.
E con tal fin, aquí tedes unha pequena mostra do que se "coce" na nosa aula.
NESTA CLASE…
SORRIMOS…
ABRAZÁMONOS E BICÁMONOS…
XOGAMOS…
EXPERIMENTAMOS E CREAMOS…
MIMÁMONOS…
SAÍMOS AO ENTORNO…
CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS…
E moitísimas cousas máis que vos iremos contando ao longo do curso.
¡¡¡ APERTAS !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario