UN BISCOITO DE CHOCOLATE
CON NOCES
Primeiro colocamos todo o necesario para facer o biscoito e observamos, tocamos e probamos tódolos ingredientes.
Logo escachamos ovos, pesamos, batemos, envorcamos, remexemos, esnaquizamos...
E así nos quedou! Só nos quedaba metelo no forno, que estaba moi quente!
Cando sacamos o biscoito do forno cheiraba TAN TAN TAN BEEEEN!
Tódolos nenos/as levamos un anaco quentiño para a casa e deixamos ás mestras con unha migalliña para que o probasen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario